1.- Introdución
A publicación "Datos sobre ocupacións" fai referencia aos grupos ocupacionais máis contratados en distintos ámbitos territoriais galegos: autonómico, provincial e comarcal, incluíndose unha pequena análise descritiva da súa situación en cada mercado laboral.
Este traballo xorde como mellora da anterior publicación de mesmo nome, pero desenvolvendo unha información distinta e de corte máis analítico. Así pois, mantendo a natureza do proxecto, decidiuse ampliar o ámbito territorial de estudo e mostrar os grupos ocupacionais máis contratados, analizando unha serie de indicadores elaborados no Observatorio Ocupacional que serven, xa non só para describir, senón tamén para estudar a tendencia, o grao de ocupabilidade e a temporalidade que presentan ditas ocupacións. Esta visión presenta un carácter máis técnico, e permite facer uso dunha información que pode ser de utilidade aos distintos profesionais do mercado de traballo galego, así como aos propios demandantes de emprego que requiren información veraz sobre a situación laboral das súas ocupacións habituais en determinados ámbitos xeográficos.
Este traballo está incluído como operación no Plan Galego de Estatística .
2.- Observacións metodolóxicas:
En relación co conxunto da información sobre os grupos ocupacionais, hai que destacar unha serie de especificacións de carácter xeral:
| 71200017 | ENCOFRADOR |
| 71200039 | FERRALLISTA |
| 71200051 | PORTLANDISTA |
| 71200062 | OPERARIO DE FORMIGÓNS |
3.- Variables e indicadores manexados:
Saldo neto positivo indicaría un superávit de contratados con respecto aos demandantes de emprego "preferentes", ou dito doutro modo, o mercado de traballo é capaz de absorber todas as demandas de emprego existentes. Indicaría pois unha mobilidade dos demandantes en dito grupo ocupacional.
O saldo neto negativo, pola contra, indicaría un déficit de contratación, os demandantes de emprego superan os requirimentos do mercado de traballo, no que se refire ao traballo por conta allea. Esta circunstancia podería producirse por unha formación inadecuada ou insuficiente por parte dos demandantes, ou ben, porque o mercado de traballo non é quen de absorber a demanda potencial
O indicador referenciarase a un ano, e indicará unha evolución contractual nun período temporal de cinco anos.
Basicamente terá en conta dúas variables:
- Número de contratados nese ano nos distintos grupos ocupacionais (ano xx)
- Media dos contratados en dito grupo ocupacional no período anterior (xx-1, xx-2, xx-3 e xx-4).
Partindo destas dúas variables habería que establecer comparacións para determinar o tipo de evolución sinalando esta mediante frechas:
| Nº contratados no ano consultado > media de contratados no período de catro anos anterior. | |
| Nº contratados no ano consultado = media de contratados no período de catro anos anterior. | |
| Nº contratados no ano consultado < media de contratados no período de catro anos anterior. |
Dado o sinxelo deste indicador consideramos necesario matizar o tipo de crecemento/estabilidade/decrecemento atendendo á análise das variacións interanuais, o que serve para enriquecer o resultado anterior:
Cando o resultado sexa unha frecha cara arriba a matización pode ser de tres tipos:
| Crecemento nos 4 períodos interanuais | CRECEMENTO SOSTIDO |
| Crecemento en 3 períodos interanuais | CRECEMENTO RELEVANTE |
| Crecemento en 1 ou 2 períodos interanuais | CRECEMENTO IRREGULAR |
A frecha de estabilidade matizaríase do seguinte modo:
| Crecemento en 3 períodos interanuais | ESTABILIDADE POSITIVA |
| Crecemento 1 u 2 períodos interanuais | ESTABILIDADE IRREGULAR |
| Contante no tempo | ESTABILIDADE |
Cando nos atopemos cunha frecha cara abaixo a matización pode ser de tres tipos:
| Decrecemento nos 4 períodos interanuais | DECRECEMENTO SOSTIDO |
| Decrecemento en 3 períodos interanuais | DECRECEMENTO RELEVANTE |
| Decrecemento en 1 ou 2 períodos interanuais | DECRECEMENTO IRREGULAR |
Para calcular este indicador necesitamos dúas variables:
- O anterior indicador de tendencia e tipo de crecemento / estabilidade / decrecemento.
- O saldo neto calculado do seguinte xeito, e para cada grupo ocupacional: contratados no grupo menos demandas preferentes recollidas no ámbito territorial correspondente. Ao tratarse de períodos de cinco anos faremos o cálculo sumando contratados e demandas1 en todo o período temporal referenciado. Podemos falar dun saldo neto resumo do acontecido no ámbito territorial nos anos que comprende a serie, o que elimina posibles resultados conxunturais en anos puntuais que poderían sesgar o resultado e distorsionar as conclusións ao respecto. Por outra banda, ao comparalo cun indicador de tendencia resulta máis coherente que o saldo neto implique un resultado global de dito período e non o resultado nun ano.
A aplicación deste indicador queda reflectido no seguinte cadro de cruce de ambas as dúas variables:
| TIPO DE CRECEMENTO | SALDO NETO | |
|---|---|---|
| Positivo | Negativo ou igual a cero | |
| Crecemento sostido | MOI ALTA | ALTA |
| Crecemento relevante | ||
| Crecemento irregular | ALTA | MEDIA |
| Estabilidade positiva | ||
| Estabilidade/Estabilidade irregular | MEDIA | BAIXA |
| Decrecemento irregular | ||
| Decrecemento relevante | BAIXA | MOI BAIXA |
| Decrecemento sostido | ||
Este indicador susténtase en dúas variables:
- C.I-Contratación indefinida: medidor da porcentaxe de contratados indefinidos fronte ao total de contratados ao longo dun ano:
| Contratados indefinidos / contratados indefinidos + contratados temporais |
|---|
- T.R.-Taxa de rotación /persoa: número de contratos temporais para cada contratado temporal ao longo dun ano:
| Contratos temporais / contratado temporal |
|---|
Estes medidores calcularanse para cada grupo de ocupación e ámbito territorial seleccionado e é necesario poñelos en comparación cun indicador que calcule a media de C.I. e T.R. en cada ámbito xeográfico. É dicir, en caso de escoller unha comarca calculariamos a porcentaxe de contratación indefinida media, sen atender a diferentes grupos ocupacionais, e a mesma operación para o cálculo da taxa de rotación/persoa media no mesmo ámbito xeográfico.
A posteriori aplicariamos o seguinte baremo atendendo ao cruce das dúas variables anteditas:
| SITUACIÓNS POSIBLES | ||
|---|---|---|
| ESTABILIDADE LABORAL ALTA | C.I. Grupo ocupacional > C.I. Medio T.R. Grupo ocupacional < T.R. Media |
|
| ESTABILIDADE LABORAL MEDIA | C.I. Grupo ocupacional > C.I. Medio, e, T.R.Grupo ocupacional >= T.R.Media |
C.I. Grupo ocupacional <= C.I. Medio, e, T.R.Grupo ocupacional < T.R.Media |
| ESTABILIDADE LABORAL BAIXA | C.I. Grupo ocupacional <=C.I. Medio T.R. Grupo ocupacional >= T.R. Media |
|
A natureza deste indicador debe de ser anual, calculando a estabilidade para cada un dos anos que comprende a serie seleccionada e observando si dita estabilidade laboral vai variando ou, pola contra, consolidándose ao longo dos anos.
No caso de que algún dos anos a serie presente 0 contratados, este indicador non aparecerá calculado, xa que, ao converterse o denominador en cero, imposibilítase o seu cálculo matemático. Nestas situacións aparecerá un (-) indicándose nunha nota ao pé da táboa que: "non procede o seu cálculo". Así mesmo, esta circunstancia pode repetirse cando non aparezan contratados temporais ao non poderse calcular a taxa de rotación.