Especificacións metodolóxicas de traballadores afiliados á Seguridade Social


Para a caracterización e definición da información contida no apartado de traballadores afiliados ao sistema da Seguridade Social, elaborouse este espazo de axuda e orientación ao usuario da páxina web.


1.- ¿Qué é unha afiliación?

Os datos empregados nestas consultas refírense a traballadores en alta laboral e situacións asimiladas.
Mediante o acto administrativo de alta, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social recoñécelle á persoa que inicia unha actividade ou se encontra nunha situación conexa con ela a súa condición de comprendida no campo de aplicación do réxime da Seguridade Social que proceda, en función da natureza da citada actividade ou situación, cos dereitos e obrigacións correspondentes.
A alta nalgún dos réximes da Seguridade Social é obrigatoria para as persoas comprendidas no sistema de Seguridade Social na súa modalidade contributiva, e pode ter máis dun rexistro de alta en función de situacións de pluriactividade e de pluriemprego.


2.- Bases de datos

A información para realizar este punto foi elaborada a partir do ficheiro de afiliacións de traballadores á Seguridade Social do réxime xeral e dos réximes especiais, correspondendo a súa xestión á Tesouraría Xeral da Seguridade Social, información que é solicitada periodicamente polo Observatorio Ocupacional.


3.- Consultas

As consultas de traballadores afiliados corresponden ás distintas agrupacións de datos que se poden realizar para caracterizar a información. Deberanse establecer criterios espaciais e temporais do seguinte xeito:


4.- Observacións

En relación co conxunto das consultas que configuran a información sobre traballadores afiliados, hai que destacar as seguintes especificacións de carácter xeral: