Especificacións metodolóxicas das consultas de contratos


Para a caracterización e definición da información contida no apartado de contratos, elaborouse este espazo de axuda e orientación ao usuario da páxina web.


1.- ¿Qué é un contrato de traballo?

O Instituto Nacional de Emprego define o contrato de traballo como un acordo entre empresario e traballador polo que este se obriga a prestar determinados servizos por conta do empresario e baixo a súa dirección a cambio dunha retribución.


2.- Bases de datos

A información contida neste punto foi elaborada a partir da base de datos de contratos do Servizo Público de Emprego de Galicia. Esta base de datos corresponde a un rexistro primario dos contratos laborais establecidos no ámbito da Comunidade Autónoma galega, e, debido ao seu carácter obrigatorio, salvo erros de introdución, constitúe un fiel reflexo das cifras de contratos.


3.- Consultas

As consultas de contratos son as distintas agrupacións de datos que se poden realizar para caracterizar a información contractual. Deberanse establecer criterios espaciais e temporais do seguinte xeito:


4.- Observacións

En relación co conxunto das consultas que configuran a información contractual, hai que destacar as seguintes especificacións de carácter xeral: