Especificacións metodolóxicas das contas de cotización (centros de traballo)


Para a caracterización e definición da información contida no apartado de contas de cotización (centros de traballo), elaborouse este espazo de axuda e orientación ao usuario da páxina web.


1.- ¿Que é unha conta de cotización?

É un número de identificación e control asignado ao empresario pola Tesouraría da Seguridade Social para efectos da súa identificación e control das obrigas no respectivo réxime do sistema da Seguridade Social. Ese número é considerado como primeiro e principal. Hai que sinalar que o empresario debe solicitar un código de conta de cotización en cada unha das provincias onde exerza actividade, así como en determinados supostos en que sexa necesario identificar colectivos de traballadores con peculiaridades de cotización, ou distintas actividades produtivas. Corresponde máis, polo tanto, a un centro de traballo.


2.- Bases de datos

A información para realizar este punto foi elaborada a partir do ficheiro de contas de cotización á Seguridade Social do réxime xeral e dos réximes especiais, correspondendo a súa xestión á Tesouraría Xeral da Seguridade Social, información que é solicitada periodicamente polo Observatorio Ocupacional.


3.- Consultas

As consultas de contas de cotización (centros de traballo) son as distintas agrupacións de datos que se poden realizar para caracterizar a información. Deberanse establecer criterios espaciais e temporais do seguinte xeito:


4.- Observacións

En relación co conxunto das consultas que configuran a información das contas de cotización, hai que destacar as seguintes especificacións de carácter xeral: