Accesibilidade

Validacións

Este sitio web foi validado de acordo coas ferramentas e directrices de accesibilidade do nivel doble A para o contido da Web 1.0 do W3C-WAI ( www.w3.org ) e coas directrices XHTML 1.0 Transitional

Teclas de acceso rápido (Accesskey)

Unha das opcións de accesibilidade activas neste sitio web son as teclas de acceso rápido ou accesskey. Todo enlace con Accesskey indícase visualmente entre parétesis a continuación do enlace. Tomáronse como referente as teclas de acceso rápido de uso máis común:

O uso e activación concretos dos atallos de teclado depende do navegador ou axente do usuario. Os máis habituais usan as seguintes combinacións de teclas:

Aviso para Firefox

A nova versión recentemente aparecida do navegador Firefox (tipo Mozilla) e que tan bos resultados deu ata agora, modificou sen previo aviso o sistema de uso das Accesskey de tal xeito que agora a combinación de teclas para activalas é: ALT + (maiúsculas) + tecla.

E por se isto no chegara, todo indica que esta combinación só funciona se as teclas ALT e (maiúsculas) son as do lado esquerdo do teclado e nos as do dereito. Pero se alguén quere voltar a usar os atallos de teclado en Firefox para Windows como o facía antes, abonda con entrar na configuración de Firefox (escribindo about:config na barra de enderezos), e tras buscar a cadea de texto ui.key.contentAccess, cambiar o valor que ten por defecto (5) por 4.

Compatibilidade con múltiples navegadores de Internet

Nos traballos feitos pata que este sitio web sexa accesible, coidáronse á súa vez, que tanto a súa funcionalidade como a súa aparencia visual sexan moi semellantes, por no dicir iguais, para calquera dos navegadores de Internet que máis se usan hoxe. En concreto coidouse a presentación para os navegadores:

¿Qué é a Accesibilidade Web?

A accesibilidade Web significa que persoas con algún tipo de discapacidade van poder facer uso da Web. A accesibilidade Web engloba moitos tipos de discapacidades, incluíndo problemas visuais, auditivos, físicos, cognitivos, neurolóxicos e da fala. Ó falar de accesibilidade Web se está facendo referencia a un deseño Web que vai permitir que estas persoas poidan percibir, entender, navegar e interactuar coa Web, aportando a súa vez contidos.

Pero a accesibilidade Web beneficia tamén a organizacións e a personas sen discapacidade. Por exemplo, un principio básico da accesibilidade Web é a flexibilidade co obxetivo de satisfacer diferentes necesidades, situacións, e preferencias. Esta flexibilidade vai a beneficiar a todas aquelas personas que usan a Web, incluindo personas que non teñen ninguna discapacidade pero que, debido a determinadas situacións, teñen dificultades para acceder á Web (por exemplo, unha conexión lenta), tamén estaríamos a falar de aquelas persoas que sofren unha incapacidade transitoria (por exemplo, un brazo roto), e de persoas de idade avanzada.

En resumo: falar de Accesibilidade Web é falar dun acceso universal á Web, independentemente do tipo de hardware, software, infraestructura de rede, idioma, cultura, localización xeográfica e capacidades dos usuarios.