Axuda para a consulta da mobilidade dos traballadores

DETERMINACIÓN DO FILTRO XEOGRÁFICO

Aquí escollerase o ámbito xeográfico da consulta, que pode ser: Galicia, provincias ou concellos. A selección de provincias ou concellos pode ser múltiple, podendo seleccionar varias provincias ou varios concellos á vez. A selección elixida aparecerá no cadro de "Selección".

Para continuar coa consulta premer "Filtro temporal".

DETERMINACIÓN DO FILTRO TEMPORAL

Os valores de mobilidade de traballadores permiten consultar datos sobre momentos concretos no tempo (anos, trimestres e meses). Poderanse seleccionar valores múltiples asociados ao mesmo apartado: varios anos, varios trimestres ou varios meses. No caso dos trimestres e meses aparecen cargados por defecto todos os valores; pudendo cargar os dun ano en concreto seleccionando este no menú despregable que aparece xunto embaixo de cada apartado (no caso de ter deshabilitado o javascript, será preciso premer no botón "Enviar" situado debaixo da lista despregable).

Neste apartado, hai que ter en conta que non se amosarán datos anuais do ano en curso mentres non estea este rematado, pero sí están dispoñibles os datos trimestrais e mensuais.

A selección elixida aparecerá no cadro de "Seleccións".

Para continuar coa consulta premer no botón "Selección informe", no caso de precisar modificar o tipo de filtro xeográfico debe premer o botón "Filtro xeográfico" e retornará á pantalla anterior.


DETERMINACIÓN DO INFORME

Neste apartado seleccionar o informe desexado e premer "Ver resultados". Para modificar as seleccións anteriores (que se reflectirán no cadro "Seleccións"), premer "Filtro temporal".

No caso de querer outro informe despois de visualizar un premer na opción de "Volver a selección de informe" para amosar de novo a lista de informes dispoñibles. Para saír e regresar ao inicio premer "Inicio".

No detalle do informe o usuario poderá afinar os resultados obtidos con respecto a outras comunidades de destino / orixe, así como obter o resultado global en modo informe detallado ou informe agrupado..

Para xerar o informe en pdf ou formato excel será preciso facer uso das opcións de exportación dispoñibles nos resultados obtidos.

INTERPRETACIÓN DO INFORME

Segundo o establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, incorporouse a esta aplicación a consideración técnica de non mostrar os datos menores ou iguais a tres cando se refiren a persoas e substituílos por un X, dado que se consideran datos protexidos.

Outro símbolo que aparece é un guión alto (-), que indica que non están dispoñibles os datos.