Especificacións metodolóxicas de Mobilidade

Para a caracterización e definición da información contida no apartado de Mobilidade, elaborouse este espazo de axuda e orientación ao usuario da páxina web.

1.- Que entendemos por Mobilidade?

A mobilidade que imos tratar fai referencia á mobilidade xeográfica que se produce por motivos laborais. O obxectivo deste estudo é o de describir os desprazamentos dos traballadores que cambian de residencia por motivos de traballo e os fluxos que se establecen entre comunidades autónomas, provincias e concellos. A partir da información que presenta un contrato, se considera que hai mobilidade cando non existe coincidencia entre o municipio de domicilio do traballador e o municipio de domicilio da empresa que o contratou. A información subministrará datos de traballadores contratados e así mesmo de contratos.

2.- Bases de datos

A información contida neste apartado foi elaborada a partir da base de datos de contratos rexistrados nas oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.

3.- Consultas

As consultas de mobilidade presentan criterios espaciais e temporais do seguinte xeito:

4.- Observacións

En relación co conxunto das consultas que configuran a información de mobilidade, hai que destacar estas especificacións de carácter xeral:

Segundo o establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, incorporouse a esta aplicación a consideración técnica de non mostrar os datos menores ou iguais a tres e substituílos por un x, dado que se consideran datos protexidos pola citada lei orgánica.

5.- Informes dispońibles

Ámbito autonómico(GALICIA):

Informes dispońibles no ámbito provincial: Informes dispońibles no ámbito municipal:

6.- Información de versión