Para a caracterización e definición da información contida no apartado de Mobilidade, elaborouse este espazo de axuda e orientación ao usuario da páxina web.
1.- Que entendemos por Mobilidade?
A mobilidade que imos tratar fai referencia á mobilidade xeográfica que se produce por motivos laborais. O obxectivo deste estudo é o de describir os desprazamentos dos traballadores que cambian de residencia por motivos de traballo e os fluxos que se establecen entre comunidades autónomas, provincias e concellos. A partir da información que presenta un contrato, se considera que hai mobilidade cando non existe coincidencia entre o municipio de domicilio do traballador e o municipio de domicilio da empresa que o contratou. A información subministrará datos de traballadores contratados e así mesmo de contratos.
2.- Bases de datos
A información contida neste apartado foi elaborada a partir da base de datos de contratos rexistrados nas oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.
3.- Consultas
As consultas de mobilidade presentan criterios espaciais e temporais
do seguinte xeito:
Ámbito territorial: autonómico, provinciale municipal. No ámbito provincial pódese elixir unha ou varias provincias; esta posibilidade multiopcional esténdese tamén ao ámbito municipal, feito que posibilita o establecemento de comparacións nunha mesma consulta entre distintos espazos territoriais que se atopan ao mesmo nivel. Esta consulta multiopcional ten plena validez cando fai referencia a contratos. Se se quere utilizar no eido dos contratados hai que ter en conta que o resultado pode non ser exacto, posto que un mesmo traballador pode ser contratado en dous lugares nun mesmo período de referencia. Por exemplo: se facemos unha consulta referida aos contratados que saíron dun único concello como pode ser Ponteareas cara un único concello como pode ser o de Vigo nun determinado período de tempo, non teremos problema. Agora ben, se pretendemos realizar a mesma consulta para os traballadores provenientes de Ponteareas que foron contratados en máis dun concello (por exemplo nunha comarca), o resultado pode quedar desvirtuado, posto que ese traballador de Ponteareas puido ser contratado en Vigo e posteriormente en Redondela, co cal se contaría dúas veces, cando en realidade se trata dun só traballador. En definitiva, esta aplicación, cando fala de contratados, permite relacionar con fiabilidade datos referentes ás mesmas unidades territoriais: unha comunidade autónoma cunha sola comunidade autónoma ou ben coa totalidade do resto do Estado, pero non é fiable se se trata de establecer relacións con agrupacións de comunidades autónomas. Isto mesmo sucede coas provincias e concellos.
Ámbito temporal: o usuario pode optar por dous camiños diferentes. Un consiste en establecer un momento temporal correspondente a un mes, trimestre ou ano determinado. A outra posibilidade é elixir unha "serie" que posibilita obter datos de evolución por intervalos de tempo regulares de carácter mensual, trimestral ou anuais. Cómpre salientar neste caso que existe unha limitación na amplitude dos distintos tipos de series, de modo que para series anuais se poden construír táboas cun máximo de cinco anos, nas trimestrais cun máximo de catro trimestres e nas mensuais pódese abarcar un máximo de doce meses.
4.- Observacións
En relación co conxunto das consultas que configuran a información de mobilidade, hai que destacar estas especificacións de carácter xeral:
Nos datos referidos a actividades económicas utilízase como referente a Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE), en dúas desagregacións: a máis ampla, composta por dezasete apartados, corresponde ao nivel das seccións; a máis agregada refírese aos grandes sectores da economía: primario, secundario, construción e servizos, desagregados nos catro grandes subsectores.
Os grandes grupos de ocupación que aparecen nas consultas corresponden á desagregación vertical máis sinxela da Clasificación Nacional de Ocupacións. Comprende dez grupos ocupacionais diferenciados entre si basicamente pola maior ou menor cualificación que presentan.
As ocupacións tamén veñen caracterizadas por unha desagregación a dous díxitos que corresponde a conxuntos limitados de ocupacións cunha marcada afinidade e situados a un mesmo nivel profesional. Nas consultas referidas a un momento temporal concreto aparece unha denominada "perfil tipo" que consiste nun resumo ou compendio do conxunto das consultas anteriores, xa que inclúe o valor máis repetido obtido en cada unha das variables consideradas dun xeito interconectado de modo que conforme o prototipo de traballador que se despraza.
Segundo o establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, incorporouse a esta aplicación a consideración técnica de non mostrar os datos menores ou iguais a tres e substituílos por un x, dado que se consideran datos protexidos pola citada lei orgánica.
5.- Informes dispońibles
Ámbito autonómico(GALICIA):
Contratados e contratos por sexo e idade
Contratados e contratos segundo a Clasificación Nacional de Ocupacións considerada nos dez grandes grupos ocupacionais. (O mesmo segundo sexo e idade)
Contratados e contratos segundo a Clasificación Nacional de Ocupacións considerada nos seus dous primeiros díxitos. (O mesmo segundo sexo e idade)
Contratados e contratos segundo os catro sectores de actividade económica: sector primario, sector secundario, sector da construción e sector de servizos. (O mesmo segundo sexo e idade)
Contratados e contratos segundo a Clasificación Nacional de Actividades Económicas no nivel de sección. (O mesmo segundo sexo e idade)
Contratados e contratos segundo o seu nivel académico. (O mesmo segundo sexo e idade)
Contratados e contratos segundo a tipoloxía da contratación: temporais e indefinidos. (O mesmo segundo sexo e idade)
Contratados e contratos segundo a tipoloxía da contratación (temporais e indefinidos) dentro dos catro sectores de actividade económica: sector primario, sector secundario, sector da construción e sector de servizos.
Perfil tipo dos contratados:
perfil tipo dos que entran en Galicia desde o conxunto das
CCAA
perfil tipo dos que entran en Galicia desde cada unha das CCAA
perfil tipo dos que saen de Galicia cara o conxunto das CCAA
perfil tipo dos que saen de Galicia cara cada una das CCAA
Informes dispońibles no ámbito provincial:
Contratados e contratos por sexo e idade
Contratados e contratos segundo a Clasificación Nacional de Ocupacións considerada nos dez grandes grupos ocupacionais.
Contratados e contratos segundo a Clasificación Nacional de Ocupacións considerada nos seus dous primeiros díxitos.
Contratados e contratos segundo os catro sectores de actividade económica: sector primario, sector secundario, sector da construción e sector de servizos.
Contratados e contratos segundo a Clasificación Nacional de Actividades Económicas no nivel de sección.
Contratados e contratos segundo o seu nivel académico.
Contratados e contratos segundo a tipoloxía da contratación: temporais e indefinidos.
Contratados e contratos segundo a tipoloxía da contratación (temporais e indefinidos) dentro dos catro sectores de actividade económica: sector primario, sector secundario, sector da construción e sector de servizos.
Perfil tipo dos contratados:
perfil tipo dos que entran en cada unha das catro provincias galegas desde o conxunto das outras provincias do Estado.
perfil tipo dos que saen de cada unha das catro provincias galegas cara o conxunto das outras provincias do Estado.
Informes dispońibles no ámbito municipal:
Contratados e contratos por sexo e idade
Contratados e contratos segundo a Clasificación Nacional de Ocupacións considerada nos dez grandes grupos ocupacionais.
Contratados e contratos segundo a Clasificación Nacional de Ocupacións considerada nos seus dous primeiros díxitos.
Contratados e contratos segundo os catro sectores de actividade económica: sector primario, sector secundario, sector da construción e sector de servizos.
Contratados e contratos segundo a Clasificación Nacional de Actividades Económicas no nivel de sección.
Contratados e contratos segundo o seu nivel académico.
Contratados e contratos segundo a tipoloxía da contratación: temporais e indefinidos.
Contratados e contratos segundo a tipoloxía da contratación (temporais e indefinidos) dentro dos catro sectores de actividade económica: sector primario, sector secundario, sector da construción e sector de servizos.
Perfil tipo dos contratados:
perfil tipo dos que entran en cada un dos concellos galegos
desde o conxunto do resto de concellos.
perfil tipo dos que saen de cada un dos concellos galegos cara
o conxunto do resto de concellos.