Desde a ventá de inicio do portal de "A Miña Profesión" o usuario ten accesible un menú á súa esquerda que está formado por tres opcións que dan acceso ao uso dos tres principais filtros de busca de contidos da web. A continuación se describe o uso de cada un deles.
Premendo na opción de "Por palabra clave" amósase o filtro indicado. O usuario dispón dun formulario composto por unha caixa de texto e dous botóns de busca diferentes. Na caixa de texto deberase introducir a palabra ou palabras, cun mínimo de tres letras, que se queiran atopar entre as profesións rexistradas.
Unha vez o usuario haxa anotado esa palabra ou palabras deberá seleccionar entre a aparición de "algunha das palabras" ou de "todas as palabras":
Unha vez atopada a profesión desexada o usuario deberá premer sobre ela e será dirixido ás páxinas de detalle.
Premendo na opción de "Por sectores" amósase o filtro indicado. O usuario dispón dun formulario composto por unha única caixa despregable onde se atopan todos os sectores laborais rexistrados. Premendo na caixa e seleccionando un dos sectores o buscador amosará todas as profesións que estean asociadas a ese sector en concreto.
O resultado é unha arbore estructurada onde o primeiro nivel é o grupo ocupacional que dispón a súa dereita dun valor numérico que indica o total de profesións contidas nese grupo. O usuario deberá premer nos diferentes grupos ocupacionais para poder chegar ás profesións de cada un deles.
Unha vez atopada a profesión desexada o usuario deberá premer sobre ela e será dirixido ás páxinas de detalle.
Premendo na opción de "Por grupos ocupacionais" amósase o filtro indicado. O usuario dispón dun formulario composto por unha única caixa despregable onde se atopan todos os grupos ocupacionais rexistrados e dous botóns para facer as buscas de forma escalonada e rápida. Premendo na caixa e seleccionando un dos grupos e seleccionando a continuación o tipo de busca amosaranse os resultados atopados.
Unha vez atopada a profesión desexada o usuario deberá premer sobre ela e será dirixido ás páxinas de detalle.
Cando o usuario chega ao detalle volve ter a súa disposición información estruturada da ocupación indicada. Esta información ven dividida en tres apartados denominados coma "Perfil profesional", "Mercado laboral" e "Formación". A continuación describense os contidos destes apartados e as opcións de navegación propias de cada un deles.
Sempre que o usuario desexe volver buscar outra profesión terá ben que premer na ruta de navegación que aparece na parte superior da páxina ou no botón denominado coma "Escoller outra profesión" que aparece en todo momento nas pantallas de detalle da profesión.