Axuda para a consulta dos datos de A Miña Profesión

Desde a ventá de inicio do portal de "A Miña Profesión" o usuario ten accesible un menú á súa esquerda que está formado por tres opcións que dan acceso ao uso dos tres principais filtros de busca de contidos da web. A continuación se describe o uso de cada un deles.


Por palabra clave

Premendo na opción de "Por palabra clave" amósase o filtro indicado. O usuario dispón dun formulario composto por unha caixa de texto e dous botóns de busca diferentes. Na caixa de texto deberase introducir a palabra ou palabras, cun mínimo de tres letras, que se queiran atopar entre as profesións rexistradas.

Unha vez o usuario haxa anotado esa palabra ou palabras deberá seleccionar entre a aparición de "algunha das palabras" ou de "todas as palabras":

- "Algunha das palabras": o buscador amosará aquelas profesións onde coincida parcial ou totalmente algún dos termos introducidos na caixa de texto. Esta busca é a menos específica e amosará o maior número de coincidencias posibles.

- "Todas as palabras": o buscador amosará aquelas profesións onde coincida parcial ou totalmente todo o termo ou termos introducidos na caixa de texto. Esta busca é a máis restritiva e específica e amosará so as coincidencias exactas.

Unha vez atopada a profesión desexada o usuario deberá premer sobre ela e será dirixido ás páxinas de detalle.

Por familias profesionais

Premendo na opción de "Por familias profesionais" amósase o filtro indicado. O usuario dispón dun formulario composto por unha única caixa despregable onde se atopan todas as familias profesionais. Premendo na caixa e seleccionando unha das familias o buscador amosará todas as profesións que estean asociadas a esa familia en concreto.

O resultado é unha arbore estruturada onde o primeiro nivel é o grupo ocupacional que dispón a súa dereita dun valor numérico que indica o total de profesións contidas nese grupo. O usuario deberá premer nos diferentes grupos ocupacionais para poder chegar ás profesións de cada un deles.

Unha vez atopada a profesión desexada o usuario deberá premer sobre ela e será dirixido ás páxinas de detalle.


Por grupos ocupacionais

Premendo na opción de "Por grupos ocupacionais" amósase o filtro indicado. O usuario dispón dun formulario composto por unha única caixa despregable onde se atopan todos os grupos ocupacionais rexistrados e dous botóns para facer as buscas de forma escalonada e rápida. Premendo na caixa e seleccionando un dos grupos e seleccionando a continuación o tipo de busca amosaranse os resultados atopados.

- "Busca escalonada": ofrecerá os resultados nunha árbore estruturada onde se amosarán en primeiro lugar os grupos maiores, logo os grupos primarios e seguirá descendendo niveis ata chegar ás ocupacións.

- "Busca rápida": ofrecerá os resultados nunha árbore simple onde o primeiro nivel serán os grupos primarios propios de cada gran grupo e contidos neles as ocupacións elementais.

Unha vez atopada a profesión desexada o usuario deberá premer sobre ela e será dirixido ás páxinas de detalle.



Detalle da profesión seleccionada

Cando o usuario chega ao detalle volve ter a súa disposición información estruturada da ocupación indicada. Esta información ven dividida en tres apartados denominados coma "Perfil profesional", "Mercado laboral" e "Formación". A continuación descríbense os contidos destes apartados e as opcións de navegación propias de cada un deles.

- "Perfil profesional": o apartado de perfil profesional ofrece unha descrición integral da profesión. En conxunto este apartado resume os aspectos que debe reunir un traballador para o desempeño competente da profesión. Nunha primeira pantalla o usuario ten unha información global da profesión e premendo sobre "VER" tense acceso ás observacións onde se recollen a descrición completa da profesión así coma os requisitos profesionais da mesma. Esta pantalla funciona a súa vez premendo sobre os apartados, estes despregaranse para amosar a información. No caso de non dispoñer dun navegador web cun intérprete de javascript axeitado esta información aparecerá sempre despregada.

- "Mercado laboral": este apartado contén datos dos contratos e paro rexistrado xestionados polo Servizo Público de Emprego de Galicia. O usuario deberá premer nos diferentes botóns para ir visitando os diferentes puntos informativos en forma de gráficas, mapas, etc.

- "Formación": Este apartado axuda a orientar a preparación e o reciclaxe profesional para construír un itinerario profesional axeitado.

Sempre que o usuario desexe buscar outra profesión terá, ben que premer na ruta de navegación que aparece na parte superior da páxina, ou no botón denominado coma "Escoller outra profesión" que aparece en todo momento nas pantallas de detalle da profesión.