Ir ao contido principal

Servizo Público de Emprego de Galicia

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar
  • Birrete
  • Oferta seleccionada
  • Interrogante
  • Mapa de centros
|Mapa Web
Buscar Mais
Estamos en: Inicio > Preguntas frecuentes > Conceptos xerais de emprego
 

Conceptos xerais de emprego

¿Qué se entende por demandante?

Unha persoa que se inscribe nos servizos públicos de emprego ben para a busca dun emprego ou mellorar o que xa pouse (intermediación laboral), ou ben para recibir outros servizos relacionados co emprego (orientación, formación,...)

¿Qué é o DARDE?

É o documento que che entregan na oficina de emprego cando che inscribes. Acredita que estás inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia, ou que renovaches a túa demanda de emprego, e contén a data da próxima renovación.
DARDE responde ás siglas do Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego.
Ao falar de "fichar", "selar", "renovar demanda" ou "tarxeta" referímonos ao DARDE.
É o documento que acredita fronte a terceiros (por exemplo, un empregador) que figuras inscrito no Servizo Público de Emprego.

¿Qué é un Itinerario Persoal de Inserción?

O Itinerario Persoal de Inserción (IPI) é un proceso de orientación cunha duración e fases preestablecidas que ten como finalidade a inserción da persoa no mundo laboral.
O técnico orientador da oficina é o que decide que acode/as cumpren o perfil para ser incluídos nun IPI.

¿En qué consiste a orientación laboral?

A finalidade da orientación laboral é capacitar ao demandante en relación á procura de emprego para que sexa capaz de analizar as alternativas que ofrece a contorna laboral e elixir a máis adecuada á súa persoa.

¿Qué é a intermediación laboral?

A intermediación laboral ten como finalidade proporcionar ás persoas demandantes un emprego adecuado ás súas características e facilitar aos empleadores os traballadores máis axustados ás súas necesidades.
Por iso é importante, que na oficina de emprego onde estás inscrito, a túa demanda estea completa e permanentemente actualizada; debendo figurar a túa última formación ou curso realizado, así como as túas últimas experiencias profesionais, tipo de traballo desempeñado, duración etc.

¿Qué é a demanda de emprego?

A solicitude dun posto de traballo que realiza unha persoa traballadora, desempregada ou non, ante unha oficina dos Servizos Públicos de Emprego do Sistema Nacional de Emprego.