Non. Só é necesario no caso de que queiras recibir axudas á contratación. Neste caso é obrigatorio que a persoa se atope rexistrada como demandante de emprego e ademáis forme parte dun colectivo susceptible de recibir axudas.
Podes comunicar a contratación acudindo á túa oficina de emprego cos contratos realizados, ou podes comunicala directamente a través de Internet utilizando o aplicativo Contrata.
Non é imprescindible que os contratos leven á oficina de emprego, pero si o é que a empresa comunique as contratacións que realiza. Para iso, unha das vías é levar os contratos á oficina, e outra vía é comunicalos a través de Internet, utilizando o aplicativo Contrata.
Debes dirixirche oficina de emprego que che corresponda según o domicilio da túa empresa para comunicar a contratación, levando contigo os contratos. Tamén podes comunicar a contratación a través de internet utilizando o programa Contrata para a comunicación da contratación laboral.
En determinados casos, na oficina de emprego poderás obter unha copia básica do teu contrato de traballo. No entanto, o máis adecuado é que sexa a empresa que che contratou a que che facilite a copia do teu contrato.
Para obter copia da túa vida laboral deber realizar a solicitude da mesma ante a Tesourería Xeral da Seguridade Social.