Todas as persoas inscritas como demandantes no Servizo Público de Emprego de Galicia.
A oferta de cursos e outras actividades formativas pódea consultar neste portal, ou acudindo á túa oficina de emprego.
Se es seleccionado para realizar un curso e non vas poder realizalo, debes dirixirche á túa oficina de emprego e expor o teu caso.
De non existir motivos xustificados a non asistencia ao curso podería derivar en sancións que, no caso de que estés cobrando prestacións por desemprego, poden significar a súa pérdida.
Se o curso que realizas componse de módulos e completaches algún deles, poderás solicitar a acreditación dos mesmos.
Se é un curso do Servizo Público de Emprego de Galicia, non é necesario renovar.Ao finalizar o curso é recomendable que pases pola túa oficina por se se modificaron as datas de renovación.
Se o curso ao que asistes non é do Servizo Público de Emprego de Galicia debes pasar a renovación nos días sinalados, pois doutro xeito pasará a situación de baixa.
Ao finalizar o curso é recomendable que pases pola túa oficina por se se modificaron as datas de renovación e necesites unha nova tarxeta.
Se estás cobrando prestacións, podes perder o dereito a percibilas.
Ademáis non estarás inscrito como demandante, e non poderás gozar dos servizos ofrecidos: acceder a ofertas, acceder a cursos de formación, etc.