Ir ao contido principal

Servizo Público de Emprego de Galicia

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar
  • Birrete
  • Oferta seleccionada
  • Interrogante
  • Mapa de centros
|Mapa Web
Buscar Mais
Estamos en: Inicio > Preguntas frecuentes > Inscripción e clasificación como demandante de emprego
 

Inscrición e clasificación como demandante de emprego

¿Qué teño que facer para darme de alta como demandante de emprego?

O único requisito é acudir en persoa e documentado á Oficina de Emprego que che corresponde e solicitar a inscrición como demandante. Podes consultar neste portal a  documentación que debes presentar para inscribirche según as túas circunstancias, ou buscar a oficina de emprego que che corresponde.

¿Teño que acudir presencialmente a unha oficina de emprego para inscribirme?

Sí­, é imprescindible que comparezas persoalmente para inscribirche, achegando ademáis a documentación que acredite a túa identidade.

¿Qué é a entrevista de clasificación de demandantes?

A entrevista de clasificación é unha entrevista en profundidade destinada a recoller os datos máis relevantes da túa formación, estudos e experiencia laboral (empresas nas que traballaches, duración do contrato, posto desempeñado,etc), para elaborar o teu curriculo, que se rexistrará na base de datos do Servizo Público de Emprego de Galicia e co que intermediarás nas ofertas de emprego e participarás noutros servizos ofrecidos polo SPEG.
Por iso é importante que achegues títulos formativos, carnés profesionais de que dispós e xustificantes da túa experiencia laboral, se a tes.

¿Qué é o DARDE?

é o documento que che entregan na oficina de emprego cando che inscribes. Acredita que estás inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia, ou renovar a demanda de emprego, e contén a data da próxima renovación.
DARDE responde as siglas do Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego.
Ao falar de "fichar”, “selar”, “renovar demanda” ou “tarxeta” referímonos ao DARDE.
É o documento que acredita fronte a terceiros (por exemplo, un empregador) que figuras inscrito no Servizo Público de Emprego.

¿Qué compromisos adquiro ao inscribirme como demandante?

  • Renovar a tarxeta de emprego nas datas indicadas (selar a tarxeta). A renovación de demanda (fichar selar) é unha obrigación para os demandantes de emprego e os beneficiarios de prestacións e subsidios de desemprego.
  • Acudir á oficina de emprego cando sexas citado.
  • Participar nos programas de emprego, insercción e formación que a oficina che ofrece ou ben xustificar o teu rexeitamento. Acudir ás ofertas de emprego das que es informado.

Se es perceptor de prestacións ou axudas e incumpres eses compromisos podes chegar a perder o dereito á prestación ou axuda.

Se xa estou inscrito e clasificado pero teño nova documentación ou experiencia que achegar ¿Qué debo facer?

Debes dirixirche á túa oficina de emprego cos orixinais da documentación que acredita os datos que queres que se inclúan na túa demanda de emprego (contratos, vida laboral, carnés profesionais, diplomas...), e solicitar unha cita para actualizar e reclasificar a túa demanda.

Teño máis de 16 anos e menos de 18 ¿qué teño que facer para apuntarme?

Acudir persoalmente á túa oficina de emprego achegando a seguinte documentación:

Se non estás emancipado: DNI ou, en caso de carecer deste, o resgardo de habelo solicitado xunto cunha licenza de ciclomotor ou o pasaporte a efectos de identificación. Requírese ademáis unha autorización asinada polo teu pai, nai ou titor legal, achegado fotocopia do seu DNI.

Se estás emancipado: DNI ou, en caso de carecer deste, resgardo de habelo solicitado xunto cunha licenza de ciclomotor ou o pasaporte a efectos de identificación. Debes achegar ademáis unha copia da documentación acreditativa da emancipación, e levar o orixinal da mesma para que o persoal da oficina de emprego poida cotexala.

Son unha persoa estranxeira ¿Qué documentación necesito para inscribirme como demandante de emprego?

Se es unha persoa estranxeira nacional dun pais da Unión Europea únicamente necesitas o documento NIE (Número de Identificación de Estranxeiro). En caso de carecer deste, debes presentar o resgardo de habelo solicitado xunto co teu pasaporte, carné de conducir ou documento nacional de identidade da túa país de orixe a efectos de identificarche.

Se es nacional dun país non integrado na Unión Europea, necesitas como mínimo o teu documento NIE (Número de Identificación de Estranxeiro). En caso de carecer deste, debes presentar o resgardo de habelo solicitado xunto co teu pasaporte, carné de conducir ou documento nacional de identidade da túa pais de orixe a efectos de identificarche. Pero ademáis deste, dependendo de cal sexa o teu pais de orixe necesitarás outra documentación tal como permiso de residencia ou de traballo, polo que debes consultar o teu caso particular na Oficina de Estranxeiros máis próxima.

Podes obter máis información de interés na páxina web do Ministerio de Interior.

Estou a traballar ¿Podo apuntarme na oficina de emprego para buscar outro traballo?

Sí­, podes inscribirche como demandante de mellora de emprego. Deste xeito participarás en procesos de intermediación laboral, é dicir, serás incorporado como candidato a ofertas de emprego, que se axusten ao teu perfil.Non esquezas levar a documentación necesaria para inscribirche como demandante

Son unha persoa estranxeira, dispoño dun permiso de residencia pero non de traballo ¿Podo inscribirme como demandante de emprego?

Sí­ podes inscribirche como demandante de emprego, e podes acceder a servizos como a formación ou a orientación laboral.

Pero lembra que antes de poder asinar un contrato de traballo, ben tí ou ben a persoa que che contrate (según o caso) deberá realizar os trámites pertinentes para obter o permiso de traballo.

¿É imprescindible que teña a tarxeta para que me fagan un contrato?

Non. Só é necesario nos casos en que a empresa que che contrate queira beneficiarse de axudas públicas á contratación, e que ti te atopes dentro dos colectivos favorecidos.