Ir ao contido principal

Servizo Público de Emprego de Galicia

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar
  • Birrete
  • Oferta seleccionada
  • Interrogante
  • Mapa de centros
|Mapa Web
Buscar Mais
Estamos en: Inicio > Preguntas frecuentes > Períodos de suspensión da demanda e baixa como demandante de emprego
 

Períodos de suspensión da demanda e baixa como demandante de emprego

¿Qué é a suspensión da demanda?

Cando unha demanda está en suspensión non é obrigatorio renovala. Existen unhas causas concretas que permiten esta situación.

¿Qué causas existen para suspender a demanda?

Os motivos que xustifican unha suspensión da demanda son os seguintes:

  • Suspensión por incapacidade temporal ou enfermidade con ou sen intermediación
  • Suspensión por maternidade, adopción ou acollemento con e sen intermediación
  • Suspensión por embarazo con risco con e sen intermediación
  • Suspensión por tribunal médico pendente con ou sen intermediación
  • Suspensión por prisión preventiva
  • Suspensión por privación de liberdade por cumprimento de condena para demandantes perceptores de prestacións
  • Suspensión por deberes familiares con e sen intermediación
  • Suspensión por asistencia a cursos de formación con ou sen intermediación
  • Suspensión por asistencia a escolas taller e casas de oficio con ou sen intermediación
  • Suspensión por adscrición a traballos de colaboración social
  • Suspensión específica por programas experimentais
  • Suspensión por ingreso en centro de rehabilitación por toxicomanía con ou sen intermediación

¿Como podo solicitar unha suspensión na miña demanda e por canto tempo?

Só en certos casos poderás solicitar a suspensión da túa demanda. Dirigite á túa oficina de emprego para consultar o teu caso.

¿Podo participar na intermediación se a miña demanda está suspendida?

En certos casos poderás decidir ti sobre este particular, mentres que noutros a decisión está suxeita ao motivo da suspensión.

¿Qué consecuencias ten estar de baixa como demandante de emprego?

Non poderás acceder a ningún dos servizos ofrecidos polo Servizo Público de Emprego de Galicia (intermediación, orientación, formación...). Doutra parte se cobras prestación ou subsidio, non estar inscrito como demandante de emprego, é motivo para que o SPEE( Servizo Público de Emprego Estatal ) deixe de pagarche a prestación ou subsidio e posiblemente inicie un proceso sancionador por infracción leve.