Ir ao contido principal

Servizo Público de Emprego de Galicia

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar
  • Birrete
  • Oferta seleccionada
  • Interrogante
  • Mapa de centros
|Mapa Web
Buscar Mais
Estamos en: Inicio > Preguntas frecuentes > Renovación da demanda de emprego
 

Renovación da demanda de emprego

¿Ónde teño que ir selar a tarxeta, en qué horario e qué días?

Debes selar a tua tarxeta nos días que se indican no teu DARDE.
Podes selar presencialmente en calquera oficina de emprego en horario de atención ao público, de 9.00 horas a 11.00 horas.
Podes selar nun punto de información, mediante pegada dactilar, en calquera momento do día, en función do horario do centro no que se atope situado o punto de información. Para utilizar esta opción, debes primeiro darte de alta na túa oficina de emprego.
Tamén podes renovar a través deste portal na área de oficina virtual.

Non fun a "selar" ou "renovar" a demanda. ¿Qué me pode pasar?

A renovación da demanda é unha obrigación para os demandantes de emprego e para os beneficiarios de prestacións e subsidios de desemprego.
Se non fuches a "fichar", "selar" "renovar" a tarxeta ou demanda á oficina, nun punto de información ou a través deste portal, non estarás inscrito como demandante de emprego, e non poderás gozar dos servizos ofrecidos: acceder a ofertas, acceder a cursos de formación, etc.
Se cobras prestación ou subsidio, non estar inscrito como demandante de emprego, é motivo para que o SPEE ( Servizo Público de Emprego Estatal ) deixe de pagarche a prestación ou subsidio e posiblemente inicie un proceso sancionador por infracción leve.
En calquera caso é necesario que acudas á túa Oficina de Emprego para volver inscribirche e informarche sobre que facer para volver percibir a prestación.

¿Podo selar noutra oficina de emprego?

Si, sempre que sexa o día indicado no teu DARDE.

 

¿Teño que selar a tarxeta se estou asistindo a un curso?

Se é un curso do Servizo Público de Emprego de Galicia, non é necesario renovar.Ao finalizar o curso é recomendable que pases pola túa oficina por se se modificaron as datas de renovación.
Se o curso ao que asistes non é do Servizo Público de Emprego de Galicia debes pasar a renovación nos días sinalados, pois doutro xeito pasará a situación de baixa.
¿Estou cobrando unha prestación por desemprego e o día que me tocaba ir selar estaba enfermo/a que podo facer?
Acode canto antes á túa oficina de emprego co orixinal da documentación que acredite a túa imposibilidade de asistir na data indicada. De todos os xeitos, pode haberse iniciado un procedemento sancionador por parte do INEM, que che será notificado para que realices as túas alegacións.

Vou estar noutra Comunidade Autónoma durante unha tempada longa ¿Qué teño que facer?

Diríxete á túa oficina de emprego para consultar o teu caso particular. Alí indicaranche o máis conveniente segundo o teu caso .

Vou saír ao estranxeiro ¿Qué teño que facer?

Diríxete á túa oficina de emprego para consultar o teu caso particular, en especial se percibes prestacións por desemprego. Poderán informarche da mellor solución ao teu caso particular.

Non poderei ir selar a tarxeta o día que me toca ¿Qué podo facer?

Diríxete ao persoal da túa oficina de emprego Alí indicaranche o máis conveniente.