Se eres unha persoa desempregada e queres traballar, ofrecémosche a posibilidade de mellorar as túas posibilidades de acceder a un emprego traballando contigo no desenvolvemento do teu perfil ocupacional ou na túa reciclaxe profesional, o que inclúe apoiarte con accións de formación especializadas e programas para aumentar a túa experiencia profesional en función das ocupacións que te interesan, así como na mellora das túas competencias e no teu proceso persoal de busca de emprego mediante os procesos de orientación laboral e os Itinerarios Personalizados de Inserción ou IPIs.
Ademais, se acudiches a clasificación e figuras en situación de alta no Servizo Público de Empleo de Galicia, a túa demanda participará na intermediación coas ofertas de emprego que xestione o Servizo Público de Emprego para cada unha das ocupacións que solicitases, e se o teu currículo se axusta aos requisitos definise na oferta será enviado á empresa para a súa consideración.
Se es unha persoa ocupada pero queres mellorar o teu actual posto de traballo, podémoste axudar a mellorar a túa cualificación a través da oferta formativa do Servizo Público de Emprego de Galicia, e a definir axeitadamente os teus obxectivos e a túa estratexia para o teu desenvolvemento profesional mediante a orientación laboral, considerándote como candidato para intermediar naquelas ofertas que requiran profesionais co teu perfil ocupacional.
Para lograr estes obxectivos, tes a túa disposición todos os servizos prestados polo Servizo Público de Emprego de Galicia.