Con carácter periódico, nas datas indicadas no DARDE debes renovar a túa inscrición como demandante de emprego. A non renovación na data indicada pode ter serias consecuencias se percibes prestacións por desemprego, xa que ao non renovar a túa demanda pasarás a situación de baixa, e esta é unha das causas polas cales podes recibir unha sanción, consistente no cesamento do pagamento da prestación. Podes informarte con maior detalle sobre a forma de renovar a túa demanda ou as consecuencias de non o facer en tempo e forma no apartado de preguntas frecuentes.