Para facilitar o acceso de forma presencial aos servizos do Servizo Público de Emprego de Galicia, este dispón dunha rede de oficinas de emprego distribuídas pola xeografía galega atendendo a criterios demográficos, de movemento de poboación e de facilidade de acceso, de modo que a cada persoa demandante lle corresponde unha oficina en concreto, equilibrando así a carga de traballo estimada para cada unha delas.
Para identificar a oficina de emprego que che corresponde, introduce a continuación o código postal do teu domicilio. No caso de atoparse mais dunha oficina amosarase unha listaxe na que poderás seleccionar a oficina correspondente ao teu concello.