O curriculum vitae é o documento no que reflectimos de forma resumida a nosa formación e experiencia profesional relevante, así como outros datos complementarios relacionados coas nosas habilidades e aptitudes, co que pretendemos chamar a atención sobre o noso perfil por parte da persoa responsable de recursos humanos dunha organización, para que a través da súa lectura poida comprobar a medida en que nos axustamos ao que require e nos dea a posibilidade de continuar avanzando nun proceso de selección.
Por iso, dende esta sección poderás acceder a consellos para elaborar o teu curriculum vitae e a carta de presentación, así como obter modelos que poidas personalizar e adaptar a cada ocasión.