Ir ao contido principal

Servizo Público de Emprego de Galicia

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar
  • Birrete
  • Oferta seleccionada
  • Interrogante
  • Mapa de centros
|Mapa Web
Buscar Mais
Estamos en: Inicio > Demandante > Curriculum Vitae > Consellos e exemplos para a elaboración dunha Carta de Presentación
 

Consellos e exemplos para a elaboración dunha Carta de Presentación

Carta de presentación

A carta de presentación utilízase acompañando ao CV. A carta é a túa tarxeta de presentación, polo tanto, é conveniente destacar os aspectos máis relevantes da túa experiencia ou formación para o cargo que cha interesa.En carta refléctense as actitudes, habilidades, capacidades, competencias e que posúes e que quieras destacar.
Existen dous tipos de cartas de presentación:

  • Carta de presentación por iniciativa propia. Autocandidatura 

O seu obxectivo, é lograr que o responsable de persoal poida situarche dentro da estrutura da empresa. É importante que coñezas a empresa, para describir que postos de traballo poderías desenvolver, indicando formación, capacidades ou experiencias relacionadas.

  • Carta de presentación en resposta a unha oferta de emprego

O seu obxectivo é demostrar que o teu perfil profesional axístase aos requisitos do posto de traballo que están ofertando, no tocante á formación, experiencia e / ou capacidades.
A carta debe ser específica para cada oferta, redactada e deseñada para as características da oferta de emprego.

Como redactar unha carta en resposta a un anuncio

  • Lee atentamente o anuncio ou oferta de traballo.
  • Analize as necesidades da empresa. ¿Que tipo de profesional están buscando?
  • Fai unha carta a medida: selecciona os aspectos do teu currículo que convén para espertar o interese da persoa á que se dirixe.

      Consellos para a redacción

  • A túa carta de presentación ten que ser "persoal e intransferible".
  • Redactaa de novo para cada anuncio.
  • Concreta a formación, a experiencia e as capacidades relacionadas directamente coas necesidades da empresa á que a dirixes.
  • Podes pór o que podes facer, pero que aínda non tiveches oportunidade demostrar (por exemplo: "podo coordinar un equipo de traballo").
  • Lembra a carta ten que ser concreta, estruturada, ordenada e positiva.
  • unha folla, do mesmo tamaño que as do currículo e en papel de calidade.
  • O texto ha de estar escrito en primeira persoa do singular.Ejemplo “Eu realicei”
  • Sempre que sexa posible dirixe a carta a unha persoa en particular.
  • Ten que estar asinada, agás se se envía por correo electrónico.
  • Non a grapes ao currículo.
  • Non ten que ter ningunha falta de ortografía nin de gramática.
  • No saúdo e na despedida, hai que evitar tantas as fórmulas excesivamente cordiais e coloquiais como as que son demasiado formais.
  • Non hai que escribir nada debaixo da despedida, só a sinatura e o nome.

Exemplos

openoffice Carta de presentación por iniciativa propia. Autocandidatura (Formato ODT)

word Carta de presentación por iniciativa propia. Autocandidatura (Formato RTF)

openoffice Carta de presentación en resposta a unha oferta de emprego (Formato ODT)

word Carta de presentación en resposta a unha oferta de emprego (Formato RTF)

openoffice Solicitude de primeiro emprego por iniciativa propia (Formato ODT)

word Solicitude de primeiro emprego por iniciativa propia (Formato RTF)