Consellos e exemplos para a elaboración dun CV
Que fai falla para redactar un bo currículo
- Emprega papel branco ou cor moi claro, de calidade, sen adornos e/ou filigranas.
- O currículo debe estar adaptado ó posto de traballo ó que se opta.
- Se claro, conciso e concreto.
- Non utilices dúas palabras para o que se pode dicir nunha: Exemplo "A miña función como coordinador de equipo...." escribe Coordinador de Equipo, Funcións:....
- Non escribas frases inútiles que non achegan nada. Exemplo: non escribas "Cando cheguei non había coordinador nin plan de mantemento previsto e tiven que ocuparme do seu desenvolvemento e implantación" escribe "Desenvolvemento e implementación do plan de mantemento".
- Destaca o número ou números de teléfono onde se che poida localizar, así como o correo electrónico, se tes.
- Expresa cada idea nunha frase e utiliza frases e parágrafos curtos.
- Coida a presentación e revisa a ortografía antes de envialo.
- Evita frases feitas e redundantes. Exemplo, non escribas "Quero pór no seu coñecemento...".
- Acompaña o currículo cunha carta de presentación.
- Pon a data.
O que non fai falta incluír no currículo
- Non fai falta pór na parte superior CURRÍCULUM VITAE, ao lelo xa se sabe que é un currículo. Tampouco debes incluír nunca portada.
- A fotografía, se non se pide explicitamente.
- A idade e o estado civil, se non se pide explicitamente.
- Os 15 ou 30 seminarios aos que asistiches. Só os máis significativos.
- Habilidades, experiencias e afeccións que non estean relacionadas co posto ao que se opta.
- Persoas de referencia, salvo que sexan requiridas para o posto a ocupar.
- O expediente académico, agás se o piden explicitamente.
Exemplos
Modelo CV (Formato ODT)
Modelo CV (Formato RTF)
Currículo Vitae Europass