Ir ao contido principal

Servizo Público de Emprego de Galicia

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar
  • Birrete
  • Oferta seleccionada
  • Interrogante
  • Mapa de centros
|Mapa Web
Buscar Mais
Estamos en: Inicio > Demandante > ¿Como é o proceso de demanda de emprego? > ¿Hai que actualizar a demanda de emprego?
 

¿Hai que actualizar a demanda de emprego?

É importante subliñar que en caso de ofertas de emprego, aquelas demandas que mellor se adapten aos requisitos establecidos son enviadas directamente ao ofertante para que realice o proceso de selección de persoal de acordo aos seus propios criterios. O non ter completa e actualizada a demanda pode supoñer que a información que recibe o empregador non se axuste á realidade, resultando un obstáculo para a eficacia do proceso de selección.

Para asegurar a adecuación e actualización dos datos que conforman a túa demanda, en calquera momento poderás solicitar que se che entregue unha copia do teu Curriculum Vitae na túa oficina de emprego ou poderás acceder a esta a través da Oficina Virtual deste Portal.

Como servizo adicional, sempre que acudas á túa oficina de emprego e transcorresen máis de doce meses dende a túa última clasificación, o persoal que che atenda interesarase por saber se hai algún cambio nos teus datos, asignado en caso afirmativo unha nova cita para a túa reclasificación.

En calquera caso, debes entender que é a túa responsabilidade manter actualizada e completa a túa demanda, incluíndo toda a nova información que consideres de interese no proceso de busca de emprego.