Non obstante, para completar a demanda de emprego non abonda unicamente con achegar documentación, senón que para chegar á súa elaboración deberás realizar unha entrevista de clasificación por parte do persoal especializado do Servizo Público de Emprego de Galicia nunha oficina de emprego, na que se valorarán máis cuestións sobre as túas habilidades, as túas aptitudes e actitudes, e onde ademais se che trasladará toda a información que precises para aclarar as súas dúbidas.
Para facilitar o desenvolvemento desta entrevista, á que deberás acudir con toda a documentación requirida, poderás solicitar cita previa dirixíndose á túa oficina de emprego de forma presencial ou ben telefonicamente, de forma que che permita unha mellor organización do teu tempo e unha menor espera en oficina a ser atendido.