Ir ao contido principal

Servizo Público de Emprego de Galicia

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar
  • Birrete
  • Oferta seleccionada
  • Interrogante
  • Mapa de centros
|Mapa Web
Buscar Mais
Estamos en: Inicio > Demandante > ¿Como é o proceso de demanda de emprego? > ¿Qué é unha demanda de emprego?
 

¿Que é unha demanda de emprego?

Dun modo sinxelo, podemos definir a demanda de emprego como a solicitude dun posto de traballo que realiza unha persoa traballadora, desempregada ou non, ante unha Oficina de Emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia, na que se integra de xeito formal a información obtida na entrevista de clasificación realizada polo persoal especializado do Servizo Público de Emprego, que reúne todos os aspectos relevantes dende o punto de vista da busca de emprego da persoa demandante (formación, experiencia, empregabilidade...), polo que se constitúe no instrumento básico co que se traballa dende o Servizo Público de Emprego de Galicia de cara a ofrecerlle servizos axeitados ás súas necesidades e para a súa participación no proceso de intermediación coas ofertas de emprego.

Dada a transcendencia da demanda de emprego na calidade e eficacia dos servizos prestados dende o Servizo Público de Emprego de Galicia tanto para as persoas demandantes de emprego coma para as ofertantes, é importante ter presentes as seguintes consideracións:

  • En primeiro lugar, para garantir o rigor e a veracidade das informacións contidas na demanda dado que serán utilizadas tanto polo persoal do Servizo Público de Emprego de Galicia como polos ofertantes de emprego nos seus procesos de selección, non poderá figurar na demanda aquela información que a persoa demandante non poida acreditar de forma documental válida, achegando os documentos orixinais como respaldo ás súas afirmacións. Neste sentido, o que non poida ser acreditado documentalmente mediante medios válidos en España non poderá figurar na demanda de emprego.
  • En segundo lugar, aínda que a demanda de emprego é utilizada polo Servizo Público de Emprego de Galicia no contexto da prestación de servizos ás persoas usuarias, a responsabilidade de actualizar ou corrixir calquera dato que figure nesta é da persoa demandante, dado que o Servizo Público de Emprego non ten medios para saber se unha persoa en concreto dispón dunha nova titulación ou de nova experiencia laboral en relación a unha ocupación determinada. Este aspecto, o de ter demándana completa e actualizada, resulta crítico e debe ser unha prioridade para ao persoa demandante, xa que no caso contrario pode supoñer quedar excluído dun proceso de selección para unha oferta de emprego, ou que se lle ofrezan servizos ou ofertas de emprego que non se adecúa ás súas necesidades.