Ir ao contido principal

Servizo Público de Emprego de Galicia

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar
  • Birrete
  • Oferta seleccionada
  • Interrogante
  • Mapa de centros
|Mapa Web
Buscar Mais
Estamos en: Inicio > Demandante > Traballar en Europa (Rede EURES) > Cuestións a ter en conta
 

Cuestións a ter en conta

Para buscar emprego en cualquera país dentro do EEE conven que consideres as seguientes cuestións:

¿Eres quen de falar o idioma do país coa suficiente fluidez para desempeñar un posto de traballo? O nivel esixido dependerá do tipo de posto de traballo ao que optes. Nalgunhas profesións técnicas ou moi especializadas podense encontrar ofertas en inglés. Para comprobar o teu nivel de idioma podes acceder a estas Probas de nivel de idiomas

¿As túas cualificacións académicas ou profesionais están recoñecidas no país ao que queres ir? Moitas profesións están reguladas en toda Europa e algunhas outras só nalgúns países. Se a túa profesión está regulada, debes solicitar o recoñecemento profesional do teu título á autoridade competente do país en Profesións reguladas en Europa

¿Tes suficiente información sobre o país ao que vas?  Ofrecemosche unha serie de guías prácticas nas que poderás encontrar información xeral referente a trámites de permiso de residencia, condicións de vida, de traballo, aloxamento, impostos, asistencia sanitaria. Así como información relativa aos sectores económicos máis importantes, oportunidades de emprego, ocupacións con exceso de man de obra a través do mercado de traballo por países.