A Sociedade actual é moi cambiante, o que hai uns anos era válido agora pode non selo, as cousas non son iguais cando buscamos o noso primeiro traballo que cando o facemos por terceira vez. As necesidades das empresas vanse modificando, os contratos laborais son diferentes, as formas de acceso vanse adaptando ás necesidades da oferta e a demanda, os dereitos dos traballadores varían...
Polo tanto, temos que ter moi en conta que ademais de facer unha boa avaliación da situación, hai que actualizala cada certo tempo.
A persoa que mellor se adapta é a que percibe axeitadamente o que a rodea, para así actuar en consecuencia e beneficiarse ao máximo de cada situación.
Dúas persoas poden ter unha formación e unha experiencia laboral parecida e ter distintos resultados cando se enfrontan á busca dun emprego. Isto débese a que hai outros moitos factores que inflúen na consecución dun traballo. A situación persoal e psicosocial de cada individuo son factores determinantes.
A Orientación Laboral é unha ferramenta que o Servizo Público de Emprego de Galicia pon ao teu alcance para dar respostas ás túas necesidades.
Fainos coñecer o teu caso:
Estamos dispostos a traballar para que ti tamén traballes. Solicita información na túa Oficina de Emprego.
Recibirás unha cita para unha Entrevista de Orientación que pode ser a entrada ao teu Itinerario Persoalizado de Inserción (IPI) onde che entregaremos a túa Axenda de Busca de Emprego.