Cando te inscribes como demandante de emprego recibes un Documento Acreditativo do teu Rexistro como Demandante de Emprego (DARDE), que é máis coñecido como "tarxeta". Nela figuran imprimidas unhas datas determinadas e preestablecidas nas que se indican os días exactos en que debes realizar a súa renovación ou selado.
É importante ter presentes as datas en que se debe renovar a demanda e, en caso de que prevexas que non poderás realizar a devandita renovación nesa data por causa xustificada e acreditable, debes poñerte en contacto con carácter previo coa túa oficina de emprego para analizar posibles alternativas.
Os medios que o Servizo Público de Emprego de Galicia pon á túa disposición para realizar a renovación da demanda son os seguintes: