Sempre que acudas á túa oficina de emprego para renovar a túa demanda de forma presencial, o persoal da oficina que che atenda selará no teu DARDE a data correspondente á renovación realizada. Se con ese selo completaches todas as datas das que dispoñías no teu DARDE, entregarache un novo.
Se acodes a un punto de información, ao finalizar o proceso de renovación obterás un novo DARDE que debes recoller, e será o que debas utilizar a partir dese momento.
A través da Oficina Virtual do Portal de Emprego poderás imprimir un novo DARDE, e será o que debas utilizar a partir dese momento.