¿Que pasa se non renovo a demanda e estou cobrando unha prestación por desemprego?
A non renovación da demanda pode ter importante efectos para aquelas persoas que sexan perceptoras de prestacións por desemprego, xa que ao caer a súa demanda de baixa se interpreta que cesaron na súa busca activa de emprego e, polo tanto, perden o dereito a recibir a devandita prestación, abríndose un proceso sancionador por parte do Servizo Público de Emprego Estatal.
Outro dos efectos que produce a non renovación da demanda, neste caso para todos os demandantes en xeral, é a interrupción do cómputo do período de inscrición ininterrompido, o que pode supoñer un inconveniente en relación aos requisitos esixidos para gozar de determinadas prestacións asociadas á busca de emprego.
Non obstante, esta caducidade non supón a eliminación da demanda da base de datos do Servizo Público de Emprego, senón que simplemente supón unha desactivación desta pasando a situación de baixa e deixando, dende ese momento, de poder acceder a calquera dos servizos ofrecidos polo servizo público. Para volver activar a demanda, tan só haberás de solicitar presencialmente na oficina de emprego o cambio de situación administrativa para pasar de baixa a alta, o que dará lugar á obtención dun novo DARDE e á fixación de novas datas de renovación, diferentes das anteriores.
En calquera caso, darte de novo de alta non supón reiniciar o cobro da prestación, cuestión que dependerá da resolución do proceso sancionador iniciado por parte do Servizo Público de Emprego Estatal.