¿Que pasa se non renovo a demanda, se non estou cobrando ningunha prestación?
Se non estás a cobrar ningunha prestación, non renovar a túa demanda produce a interrupción do cómputo do período de inscrición ininterrompido, o que pode supoñer un inconveniente en relación aos requisitos esixidos para gozar de determinadas prestacións asociadas á busca de emprego.
Non obstante, iso non supón a eliminación da túa demanda da base de datos do Servizo Público de Emprego, senón que simplemente supón unha desactivación desta pasando a situación de baixa e deixando, dende ese momento, de poder acceder a calquera dos servizos ofrecidos polo servizo público. Para volver activar a demanda, tan só haberás de solicitar presencialmente na oficina de emprego o cambio de situación administrativa para pasar de baixa a alta, o que dará lugar á obtención dun novo DARDE e á fixación de novas datas de renovación, diferentes das anteriores.