Coñécese como xacemento de emprego a un sector económico ou parte deste que se prevé que vai demandar un número significativo de empregos nun futuro próximo, sobre todo como consecuencia de transformacións económicas, sociais e tecnolóxicas que xeran na sociedade necesidades non cubertas e que demandan traballadores que as satisfagan.
Ao ser reducido o número de empresas que ofrecen servizos dentro destes ámbitos, sendo non obstante importante a necesidade de que se satisfagan, é moi probable que ao abeiro dos novos xacementos de emprego se xere unha gran cantidade de empregos, ou mesmo que teña lugar a aparición de novas profesións, motivo polo que pode ser unha vía a ter en conta á hora de realizar a túa busca de emprego.
Con carácter xeral, a Comisión Europea clasifica os Novos Xacementos de Emprego en catro grandes bloques:
Non obstante, de xeito constante están a xurdir novas necesidades que se poden materializar en oportunidades de emprego, e neste sentido o factor local pode ser de gran relevancia á hora de identificar novos xacementos de emprego dentro do teu ámbito de busca de emprego. Para dispoñer de información máis concreta, podes acceder a fontes de información actualizadas sobre a evolución do mercado laboral e os novos xacementos de emprego nos seguintes enlaces: