Ir ao contido principal

Servizo Público de Emprego de Galicia

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar
  • Birrete
  • Oferta seleccionada
  • Interrogante
  • Mapa de centros
|Mapa Web
Buscar Mais
Estamos en: Inicio > Información Xeral > ¿Qué é o Servizo Público de Emprego de Galicia?
 

¿Que é o Servizo Público de Emprego de Galicia?

O Servizo Público de Emprego de Galicia é a estrutura pública dependente da Xunta de Galicia que une dun modo integral e coordinado a todas aquelas unidades da administración autonómica que prestan servizos ou exercen funcións no ámbito das Políticas Activas de Emprego, dentro do marco territorial da nosa comunidade autónoma.

Dun modo simplificado, enténdese por Políticas Activas de Emprego o conxunto de actuacións desenvolvidas pola Xunta de Galicia nos ámbitos da orientación laboral, da mellora da capacitación das persoas demandantes e traballadoras proporcionándolles formación e experiencia profesional, e da intermediación entre ofertas e demandas; e todo iso para mellorar as posibilidades de acceder ao emprego por parte das persoas desempregadas, ou adaptar e actualizar os coñecementos e habilidades das persoas traballadoras que desexen mellorar o seu emprego.

Polo tanto, este é o ámbito de actuación do Servizo Público de Emprego de Galicia, que para dar resposta a estas adoptou a seguinte estrutura:

Estructura del Servizo Público de Emprego de Galicia

 Ademais desta estrutura, na actualidade o Servizo Público de Emprego de Galicia apóiase en entidades colaboradoras en materia de orientación laboral e captación de ofertas de emprego, aproximando máis ao territorio e ás particularidades de cada localización o desenvolvemento destes servizos.

Para asegurar a igualdade de oportunidades a todas as persoas usuarias, o Servizo Público de Emprego de Galicia está integrado no proxecto de Sistemas de Información dos Servizos Públicos de Emprego de España (proxecto SISPE), no que se integran os servizos públicos de emprego doutras comunidades así como o propio Servizo Público de Emprego Estatal, de modo que toda a información e actuacións desenvolvidas no ámbito da xestión de Políticas Activas de Emprego en Galicia parte dun marco de coordinación global.