- Na data indicada no teu DARDE, podes acudir a calquera punto de información de Galicia e neste, dende a pantalla de inicio, selecciona a opción de renovación.
- Na pantalla de renovación, introduce o número de identificación que figura no teu DARDE. Unha vez feito isto, na pantalla o punto de información aparecen os dedos dos que tes rexistrada a pegada dactilar. Podes poñer no lector do punto de información calquera deles. Mentres mantés o dedo no lector, pulsa "Aceptar" co rato.
- Unha vez recoñecida a pegada dactilar, como proba da correcta renovación o punto de información emite un novo DARDE que anula e substitúe ao que tiñas. Por este motivo é moi importante que NON ESQUEZAS RECOLLELO e substituír o antigo, xa que as novas datas de renovación serán as que se indiquen neste.
Nas oficinas de emprego encontrarás dípticos que conteñen e amplían esta información.