Dende estes puntos de información pódese renovar a demanda de emprego mediante pegada dactilar, así como acceder ás ofertas de emprego en difusión ou ás páxinas web dos diferentes servizos públicos de emprego autonómicos e estatal..
Para poder renovar a demanda a través dun punto de información, o primeiro que debes facer é acudir a tua Oficina de Emprego para que o persoal desta rexistre a túa pegada dactilar e así déate de alta no sistema. Unha vez feito este rexistro, poderás renovar a túa demanda nas datas sinaladas no teu DARDE en calquera dos puntos de información distribuídos pola comunidade autónoma. Consulta aquí o mapa de puntos de información dispoñibles.