Ir ao contido principal

Servizo Público de Emprego de Galicia

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar
  • Birrete
  • Oferta seleccionada
  • Interrogante
  • Mapa de centros
|Mapa Web
Buscar Mais
Estamos en: Inicio > Información Xeral > ¿Qué é e qué me ofrece unha oficina de emprego?
 

¿Qué é e qué me ofrece unha oficina de emprego?

Unha oficina de emprego é o espazo físico no que se reúne o persoal especializado do Servizo Público de Emprego, xunto cunha organización orientada á prestación de servizos e un equipamento e infraestrutura tecnolóxica especificamente deseñada para facilitar a prestación de xeito presencial dos servizos ofrecidos polo Servizo Público de Emprego de Galicia, xunto coa posibilidade de acceder a algúns dos servizos dispoñibles a través de Internet en réxime de autoservicio para aquelas persoas que carezan dos medios para acceder por este vía.

Dentro dunha oficina de emprego, unha persoa demandante pode:

  • Inscribirse como demandante de emprego e obter o documento acreditativo do seu rexistro como demandante de emprego (DARDE).
  • Modificar a situación administrativa da súa demanda (de alta a baixa, de baixa a alta, suspensións con ou sen intermediación...).
  • Proceder á súa clasificación e reclasificación como demandante de emprego.
  • Consultar a súa demanda de emprego.
  • Recibir información e solicitar os servizos ofrecidos polo Servizo Público de Emprego de Galicia (orientación laboral, formación...).
  • Recibir orientación laboral.
  • Recibir información sobre o ámbito das políticas de emprego.
  • Renovar a súa demanda para mantela en alta, nos prazos que se determina no seu DARDE.
  • Captura de pegada dactilar para a renovación da demanda na rede de puntos de información distribuídos pola xeografía galega.
  • Solicitar informes en relación á súa demanda.
  • Consultar ofertas de emprego activas, tanto públicas coma privadas, presentadas ao Servizo Público de Emprego.
  • Consultar a oferta formativa dependente do Servizo Público de Emprego de Galicia.
  • Acceder a información sobre a Rede EURES e as súas ofertas de emprego.

De forma complementaria, dentro dunha oficina de emprego unha persoa ou organización ofertante de emprego pode:

  • Encontrar apoio especializado para definir os requisitos dunha oferta de emprego.
  • Presentar unha oferta de emprego para obter os candidatos que respondan ao perfil solicitado.
  • Obter informes con respecto ao estado da súa oferta e das xestións realizadas para encontrar candidatos.
  • Comunicar as contratacións realizadas, dentro dos prazos establecidos na lexislación vixente.
  • Obter información acerca de incentivos á contratación por conta allea e de fomento de emprego e, en xeral, sobre Políticas Activas de Emprego.
  • Obter información acerca de programas de formación experimentais con compromiso de contratación.

Nas oficinas de emprego da Xunta de Galicia o noso persoal está sempre á súa disposición para informar e apoiar as persoas usuarias en relación ás súas consultas en materia de Políticas Activas de Emprego.