Ir ao contido principal

Servizo Público de Emprego de Galicia

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar
  • Birrete
  • Oferta seleccionada
  • Interrogante
  • Mapa de centros
|Mapa Web
Buscar Mais
Estamos en: Inicio > Información Xeral > ¿Qué servizos che prestamos?
 

¿Qué servizos che prestamos?

O Servizo Público de Emprego de Galicia oriéntase a prestar servizos relacionados co emprego no ámbito das Políticas Activas de Emprego tanto a persoas demandantes coma a persoas ou organizacións ofertantes, dende diversas perspectivas.

A todos os servizos que se relacionan neste apartado se pode acceder de forma presencial a través da rede de Oficinas de Emprego da Xunta de Galicia, distribuídas por toda a xeografía galega baixo criterios de facilidade de acceso e proximidade. Podes acceder ao buscador de Oficinas de Emprego.

Ademais, a través da Oficina Virtual de Emprego deste portal posibilítase o acceso a través de Internet a aqueles servizos que polo seu contido poden ser prestados por esta vía, así como á información relacionada co seguimento dos procesos de xestión de ofertas dende o punto de vista da persoa demandante ou dende o da ofertante, segundo o perfil de acceso definido.