Se che piden a inscrición para acceder a prestacións de carácter social
Para poder acceder a determinadas prestacións de carácter social, deberás estar inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia. O tipo de servizos ao que terás acceso depende dos compromisos específicos que se esixan en relación á axuda que queiras conseguir, pero en xeral refírese como mínimo a un compromiso de actividade que obriga a realizar unha busca activa de oportunidades de emprego. Exemplo deste tipo de prestacións son as seguintes: