Ir ao contido principal

Servizo Público de Emprego de Galicia

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar
  • Birrete
  • Oferta seleccionada
  • Interrogante
  • Mapa de centros
|Mapa Web
Buscar Mais
Estamos en: Inicio > Información Xeral > ¿Qué servizos che prestamos? > Se aínda non demandas emprego pero queres mellorar a túa cualificación
 

Se aínda non demandas emprego pero queres mellorar ...

Se aínda non demandas emprego pero queres mellorar a túa cualificación

Se non tes aínda unha cualificación, podes incluírte nas persoas demandantes de servizos previos ao emprego, aquelas persoas que por diferentes motivos non desexan ou non poden acceder á intermediación laboral, pero si están interesadas en recibir outros servizos incluídos dentro do o que se define como Políticas Activas de Emprego, que son prestados polo Servizo Público de Emprego de Galicia e que lles servirán como axuda na súa incorporación ao mercado laboral. Un exemplo típico deste tipo de demandantes son os estudantes nos seus últimos anos de formación académica, ou ben mozos sen emprego anterior nin cualificación.

Os servizos aos que podes acceder para mellorar a túa cualificación son:

  • Orientación laboral, para recibir apoio en relación á túa futura integración no mercado laboral, o modo de enfocar esta integración, técnicas e ferramentas que poidan resultarte de utilidade nese momento, información ao respecto da xestión de emprego... e con posibilidade de acceder a un Itinerario Persoal de Inserción se reúnes as características establecidas.
  • Formación para o emprego, para complementar a túa formación con coñecementos especializados e específicos en relación ás ocupacións que poidan ser de interese, de acordo ao teu plan de busca activa de emprego.
  • Información sobre o mercado laboral dentro do teu ámbito de interese (por ámbito xeográfico e por ocupacións) configurable, completa e actualizada, como apoio ao teu proceso persoal de busca activa de emprego.