Ir ao contido principal

Servizo Público de Emprego de Galicia

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar
  • Birrete
  • Oferta seleccionada
  • Interrogante
  • Mapa de centros
|Mapa Web
Buscar Mais
Estamos en: Inicio > Información Xeral > ¿Qué servizos che prestamos? > Se xa estás a traballar pero queres mellorar a túa ocupación
 

Se xa estás a traballar pero queres mellorar a túa ocupación

Se estás neste caso eres demandante de mellora de emprego, porque dispoñendo dunha ocupación na actualidade, tes interese en mellorar o teu traballo actual ou queres ter a posibilidade de acceder a outras Políticas Activas de Emprego xestionadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia. Ao ser demandante dunha mellora de emprego, terás acceso aos mesmos servizos que as persoas demandantes de emprego:

  • Inscrición e clasificación da túa demanda de emprego
  • Orientación laboral
  • Formación
  • Certificación de profesionalidade
  • Intermediación laboral
  • Información sobre ofertas de emprego
  • Información sobre o mercado laboral
  • Apoio ao autoemprego e ás iniciativas de economía social