Ir ao contido principal

Servizo Público de Emprego de Galicia

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar
  • Birrete
  • Oferta seleccionada
  • Interrogante
  • Mapa de centros
|Mapa Web
Buscar Mais
Estamos en: Inicio > Noticias > Novos avisos Mobem
 

Noticia

Novos avisos Mobem

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2017 - Infórmase que dende o pasado venres día 27 de xaneiro de 2017 incorpóranse novos avisos a través do aplicativo para dispositivos móviles, MOBEM así como a través de correo electrónico.
Os novos avisos se producirán para os seguintes casos:

  • Aviso de próxima renovación de demanda (xa existente).
  • Aviso de demanda renovada (xa existente).
  • Aviso de xeración de cita de orientación (novo).
  • Aviso-recordatorio de cita de orientación (xa existente-adiántase un día o aviso en relación á cita de orientación).
  • Aviso de envío a oferta de emprego (novo).
  • Aviso de preselección como candidato a curso de formación (novo).

Para todos os interesados, inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia, compre indicar que poden, no caso en que non o fixeran, descargar e instalar o aplicativo para dispositivos móviles, MOBEM, dispoñible en todas as plataformas vixentes a día de hoxe e, a través do cal, poderán renovar a súa demanda de emprego, recibir avisos, mensaxes, eventos, etc. Asimesmo, se facilitan nas oficinas de emprego o seu enderezo de correo electrónico poderan obter usuario e contrasinal para acceder ao portal de emprego así como recibir avisos a través de mail como os indicados anteriormente.

voltar