Dende o Servizo Público de Emprego de Galicia ofrecémosche a posibilidade de buscar para a túa empresa persoas con perfís ocupacionais que se axusten aos requisitos dos postos que requires cubrir, coa perspectiva de que non deixes sen cubrir ningún posto de traballo por non encontrar candidatos idóneos.
Para posibilitar unha maior eficacia deste servizo, dende a nosa rede de oficinas de emprego podémosche facilitar apoio especializado para definir os requisitos da oferta e identificar con precisión a ocupación ou ocupacións que requires buscar ou, se o prefires, podes contar co apoio do Servizo Público de Emprego de Galicia para financiar accións de formación específicas con compromiso de contratación dos asistentes, para contar con persoas formadas exactamente de acordo ás túas necesidades.
Ademais, ofrecémosche a posibilidade de que comuniques as contratacións realizadas de forma presencial na oficina de emprego, ou directamente dende a aplicación Contrat@, e informámoste de incentivos para a contratación de determinados colectivos ou para o fomento do emprego que estean vixentes, e poidan supoñer unha minoración dos custos asociados a unha nova contratación.
Para lograr estes obxectivos, tes á túa disposición todos os servizos prestados polo Servizo Público de Emprego de Galicia:
De forma agrupada, os servizos aos que tes acceso nas oficinas de emprego son os seguintes: