Para acceder de xeito presencial aos servizos que o Servizo Público de Emprego de Galicia pon á túa disposición, tan só debes dirixirte á túa oficina de emprego máis próxima, achegando a documentación acreditativa da personalidade xurídica da organización e da túa capacidade de representación, ou da alta como traballador autónomo.
Neste mesmo portal de emprego dispos dun localizador de oficinas por código postal e dun directorio de centros nos que podes localizar as nosas oficinas.