Ir ao contido principal

Servizo Público de Emprego de Galicia

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar
  • Birrete
  • Oferta seleccionada
  • Interrogante
  • Mapa de centros
|Mapa Web
Buscar Mais
Estamos en: Inicio > Ofertantes de emprego > Oficinas de Apoio ao Empregador
 

Oficinas de Apoio ao Empregador

Como servizo de valor dirixido fundamentalmente ás empresas e ás persoas emprendedoras, desde o Servizo Público de Emprego de Galicia puxéronse en marcha nas cidades da Coruña e de Vigo as Oficinas de Apoio ao Empregador, oficinas que reforzan e complementan os servizos ofrecidos aos ofertantes de emprego polas oficinas de emprego da Xunta de Galicia aos ofertantes de emprego, e que nacen coa idea de apoialos como peza fundamental do sistema de intermediación laboral nos procesos de soporte relacionados co emprego e coa busca de persoal a integrar laboralmente nas súas empresas.

Nas Oficinas de Apoio ao Empregador concéntranse tanto servizos como infraestruturas de apoio ás empresas e iniciativas empresariais de calquera tamaño, relacionadas coas súas necesidades de recrutamento, selección e contratación de persoal.

Se ofertas emprego, a Oficina de Apoio ao Empregador pode achegarte un servizo específico para axudarte a definir axeitadamente a túa oferta de traballo de acordo ás túas necesidades, de forma que na súa posterior xestión a cargo do Servizo Público de Emprego de Galicia obteñas persoas candidatas que se axusten axeitadamente ao que precisas.

Podemos facilitarte tamén, se así o precisas, salas onde realizar entrevistas de selección ás persoas candidatas, dispoñendo ademais das infraestruturas tecnolóxicas e do entorno necesario para apoiarte neste proceso, incluíndo a dispoñibilidade do persoal técnico do Servizo Público de Emprego para resolver as túas dúbidas ou cuestións en relación ao proceso, como tipoloxías de contratos, incentivos á contratación…

E pensando na mellora da competitividade e produtividade da túa empresa, ligada á mellora da empregabilidade do teu persoal, dispoñemos tamén de espazos para formación totalmente equipados aos que poderás acceder para impartir aquelas actividades de formación que non teñan cabida nas infraestruturas da túa empresa.

Por outra banda, se es unha persoa emprendedora, desde estas Oficinas podemos facilitarte información acerca das axudas para o autoemprego dependentes da Consellería de Traballo e Benestar, así como doutros servizos do entorno como incubadoras de empresas ou asociacións empresariais nas que poidas obter apoio máis especializado e poidas acceder a recursos específicos na materia, tales como modelos de memorias de empresa, de análises de viabilidade, formación en materia de xestión empresarial, etc.

E como contido destacado e de valor, nesta oficinas encóntranse os respectivos Conselleiros EURES, polo que se queres difundir a túa oferta de emprego noutros países europeos, este é o lugar axeitado ao que dirixirte.

Ademais destes, nas Oficinas de Apoio ao Empregador tamén está dispoñible unha zona TIC en autoservizo, desde a que podes acceder a Internet para procurar información en relación a ofertas e/ou demandas de emprego, ao Portal de Emprego e a outros recursos de emprego na rede.

As Oficinas de Apoio ao Empregador de Coruña e Vigo teñen os seguintes datos de contacto:

Oficina de Apoio ao Empregador da Coruña

Rúa/ María Victoria Fernández-España y Fernández-Latorre, 1   - 15002 A Coruña

Teléfonos:   881 881 334   -   881 881 335

Fax:   881 881 339

Mapa de emprazamento (Instituto de Zalaeta esquina C/Hospital)

 

Oficina de Apoio ao Empregador de Vigo

Ronda de Don Bosco, 1  - 36202 Vigo

Teléfonos:   886 218 158  -  886 218 159

Fax:   886 218 161

Mapa de emprazamento (Entrada polo Paseo de Granada)