Un contrato de traballo é un acordo entre empresario e traballador polo que este se obriga a prestar determinados servizos por conta do empresario e baixo a súa dirección, a cambio dunha retribución.
O contrato de traballo poden asinalo:
- Os maiores de idade (18 anos).
- Os menores de 18 anos legalmente emancipados.
- Maiores de 16 e menores de 18 se teñen autorización dos pais ou de quen os teña ao seu cargo. Se viven de forma independente, co consentimento expreso ou tácito dos seus pais ou titores.
- Os estranxeiros de acordo coa lexislación que lles sexa aplicable.
Se queres afondar na información sobre contratos, selecciona o tema do teu interese: