Ir ao contido principal

Servizo Público de Emprego de Galicia

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar
  • Birrete
  • Oferta seleccionada
  • Interrogante
  • Mapa de centros
|Mapa Web
Buscar Mais
Estamos en: Inicio > Ofertantes de emprego > Contratos > Dereitos e obrigas
 

Dereitos e obrigas

Un contrato de traballo supón uns dereitos para o traballador, que se converten en obrigas para o empresario. Ao mesmo tempo, as obrigas que contrae o traballador convértense en dereitos do seu empresario.

O empresario contrae obrigas con:

  • O traballador: cando a relación laboral sexa de duración superior a catro semanas, o empresario deberá informar por escrito ao traballador sobre os elementos esenciais do contrato e principais condicións de execución da prestación laboral, sempre que tales elementos e condicións non figuren no contrato de traballo formalizado por escrito.
  • Os representantes legais dos traballadores: tamén deberá entregar aos representantes legais dos traballadores, unha copia básica dos contratos formalizados por escrito (con excepción dos contratos de relacións especiais de alta dirección, para os que é suficiente a notificación), así como as prórrogas dos devanditos contratos e as denuncias destes, tendo para iso o mesmo prazo de 10 días. A copia básica conterá todos os datos do contrato a excepción do número do DNI, domicilio, estado civil e calquera outro dato que poida afectar á identidade persoal do interesado. Posteriormente, a devandita copia básica enviarase ao Servizo Público de Emprego. Cando non exista representación legal dos traballadores tamén deberá formalizarse copia básica e remitirse ao Servizo Público de Emprego.
  • O Servizo Público de Emprego: os empresarios están obrigados a comunicar ao Servizo Público de Emprego no prazo dos 10 días seguintes á súa concertación, e nos termos que regulamentariamente se determinen, o contido dos contratos de traballo que celebren ou as prórrogas destes, deban ou non formalizarse por escrito.

Dereitos do traballador:

  • Á ocupación efectiva durante a xornada de traballo.
  • Á promoción e formación no traballo.
  • A non ser discriminados para acceder a un posto de traballo.
  • Á integridade física e á intimidade.
  • A percibir puntualmente a remuneración pactada.
  • Os demais que se establezan no contrato de traballo.

Deberes do traballador:

  • Cumprir as obrigas concretas do posto de traballo conforme aos principios da boa fe e dilixencia.
  • Cumprir as medidas de seguridade e hixiene que se adopten.
  • Cumprir as ordes e instrucións do empresario no exercicio da súa función directiva.
  • Non realizar a mesma actividade que a empresa en competencia con ela.
  • Contribuír a mellorar a productividade.
  • Os demais que se establezan no contrato de traballo.