O seu establecemento é optativo e de acordalo, deberase reflectir por escrito no contrato.
A súa duración máxima establecerase nos Convenios Colectivos, e no seu defecto a duración non poderá exceder de seis meses para os técnicos titulados, ou de dous meses para o resto dos traballadores.
Durante o período de proba, o traballador terá os mesmos dereitos e obrigas correspondentes ao posto de traballo que desempeñe, coma se fose de plantilla.
Durante este período poderase rescindir a relación laboral por vontade de calquera das partes, sen alegar causa ningunha e sen preaviso, salvo pacto en contrario.
O período de proba compútase para os efectos de antigüidade.
A situación de incapacidade temporal que afecte ao traballador durante o período de proba interromperá o cómputo deste, sempre que se produza acordo entre ambas as dúas partes.
Nas empresas con menos de 25 traballadores, o período de proba non poderá exceder de tres meses para os traballadores que non sexan técnicos titulados.
Non se poderá establecer período de proba cando o traballador xa desempeñase as mesmas funcións con anterioridade na empresa, baixo calquera modalidade de contratación.