Ir ao contido principal

Servizo Público de Emprego de Galicia

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar
  • Birrete
  • Oferta seleccionada
  • Interrogante
  • Mapa de centros
|Mapa Web
Buscar Mais
 

Que é a rede EURES?

EURES ( EURopean Employment Services ) é unha rede de cooperación creada pola Comisión Europea e os Servizos Públicos de Emprego do Espazo Económico Europeo (EEE) cuxo obxectivo é facilitar a libre circulación de traballadores entre ditos países, a libre circulación é un dereitoo fundamental, que permite a estes cidadáns traballar e establecerse libremente, sen necesidade de permiso de traballo, en cualquera país membro, garantindo igualdade de dereitos cos nacionaiss de dito país . Este dereito faise extensivo a os seus familiares calquera que sexa a súa nacionalidade.

Como cidadán dun país do Espacio Económico Europeo podes residir e traballar en calquera de estos países: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Dinamarca, España, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romania e Suecia e Países pertencentes ao Espacio Económico Europeo: Islandia, Liechtenstein e Noruega, ademáis de Suiza.

A rede EURES, a través dos seus Conselleiros en toda Europa, proporciona información sobre ofertas de emprego e condicións de vida e traballo nos países da comunidade, coordina os intercambios mediante unha estructura a nivel da comunidade e desenvolve proxectos cos servizos de emprego dos estados membros para contribuir a eliminar desequilibrios entre determinados sectores do mercado de traballo.

Ao mesmo tempo, posibilita ao empresario a difusión das súas ofertas de emprego, fora do ámbito nacional (en cualquera dos países do Espazo Económico Europeo) para a contratación de traballadores de cualquera Estado membro. A rede EURES ten unha amplia experiencia en procesos de selección internacionais.