Unha vez entregada a túa oferta, o persoal designado da oficina de emprego realizará a sondaxe para buscar os candidatos que mellor se axusten á solicitude e, como norma xeral, enviará a organización aos cinco máis adaptados aos requisitos definidos. Se a organización o desexa, dende a oficina de emprego pódese xestionar a convocatoria de candidatos para que acudan a unha entrevistas ás instalacións da empresa.
Como complemento desta xestión, dende o Servizo Público de Emprego de Galicia pódese facer difusión da oferta a través deste Portal Web, tanto na zona pública como na Oficina Virtual, a través da súa rede de oficinas de emprego e a través de prensa.