Dun modo sinxelo defínese como oferta de traballo a solicitude que presenta un empregador para cubrir un ou máis postos de traballo da súa organización, referida a unha ou máis ocupacións, de cara a que o Servizo Público de Emprego realice as xestións internas pertinentes en relación aos demandantes que clasificou para determinar cales deles se adaptan mellor aos requisitos definidos, e proceder ao envío dos seus currículos para a inclusión destes por parte da organización contratante dentro do seu proceso de selección.
Dado que a oferta de traballo se constitúe no documento fundamental de traballo para o Servizo Público de Emprego de Galicia á hora de realizar a preselección de candidatos, resulta básico definir e plasmar axeitadamente os requisitos necesarios para obter un resultado eficaz. Por este motivo, é importante ter en conta as seguintes cuestións: